Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello solicítalles aos concesionarios de terrazas que apliquen a ordenanza de limpeza

Fecha: 2016-08-12

Remitíuselles unha circular para lembrarlles o articulado da dita ordenanza. 

 

O Concello do Grove puxo en marcha un dispositivo especial para lle facer fronte á ponte de agosto implicando os servizos de limpeza e seguridade. O mes de xullo bateu todos os récords en canto a cantidade de lixo recollida, auga consumida e número de horas de traballo adicadas polo persoal municipal. O reto de manter limpo o municipio resulta titánico ante o enorme aumento da poboación e certos malos comportamentos que provocan problemas engadidos.

 

Na reunión de coordinación mantida onte coincidiuse na necesidade de contar coa colaboración de todos os implicados no sector turístico. Para este fin distribuíuse unha circular entre os locais que contan con terraza ou que teñen actividade de hostalería para recordarlles a ordenanza de limpeza vixente e solicitarlles a súa colaboración no mantemento da limpeza das áreas en que traballan, xa que supoñen un factor fundamental na imaxe da vila.