Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello informa da dispoñibilidade de aparcadoiro adicional na zona de heliporto durante a ponte de agosto

Fecha: 2016-08-12

Reforzarase a sinalización para dirixir aos condutores a este espazo de grande capacidade. 

 

O espazo destinado a heliporto detrás da lonxa e do mercado da zona do Corgo poderá ser empregado de xeito excepcional como aparcadoiro durante esta ponte de agosto. Trátase dunha solución provisional que tenta achegar máis espazo de aparcadoiro e así minorar os problemas de tráfico que este verán se están sufrindo na vila.

 

Para tentar informar deste espazo adicional colocarase sinalización provisional  que informe do feito e os axentes da Policía Local tentarán informar adecuadamente desta circunstancia os visitantes.