O actor Rubén Mascato poralle a voz ao vídeo promocional da Festa do Marisco 2016
Fecha: 2016-08-12
O coñecido actor colabora así na promoción deste evento.
O actor grovense Rubén Mascato será a voz do vídeo promocional da Festa do Marisco. A peza audiovisual, que comezará a distribuírse a través do canle de YouTube de Turismogrove e das redes sociais, marca unha liña diferenciada onde a calidade e a identidade do Grove son as protagonistas.
Rubén conta cunha ampla carreira no cine e na televisión, sendo especialmente coñecida a súa participación na serie televisiva “Cuéntame” e noutras series como “La pecera de Eva” ou “Estados Alterados de Maitena”. Ademais da súa filmografía, destacan as súas actuacións teatrais, como a máis recente en “Fausto”, dirixida por Tomaz Pandur.
Desde o Concello do Grove considérase un verdadeiro privilexio contar cun profesional meco de tanta valía e con tanta proxección de futuro para promocionar un evento de tanta repercusión como a Festa do Marisco. Este feito, xunto coa colaboración do chef Javier Olleros, supón unha suma de talento local que de seguro tirará resultados moi positivos.