Aberto o prazo de inscrición no Programa Madruga
Fecha: 2016-09-01
O programa desenvolverase no Colexio Valle-Inclán coincidindo co comezo das clases.
O Concello do Grove informa de que desde hoxe e ata o vindeiro venres 9 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no Programa Madruga para o curso 2016-2017. Este programa ten lugar no CEIP Valle-Inclán buscando garantir a conciliación da vida laboral e familiar das familias participantes.
O horario de funcionamento do Programa será desde as 7.30 ata o inicio da xornada escolar. Deste xeito, o alumnado participante poderá entreterse antes do comezo das aulas coa práctica de xogos cooperativos, traballos manuais, actividades de lecer etc. O prezo para participar é de 30 euros ao mes, aínda que tamén se poden adquirir bonos de días por 2,5 euros cada día. Estes bonos pódense empregar en días soltos, dependendo das necesidades dos usuarios.
Para a inscrición nestes servizo só é preciso anotar os cativos no Rexistro do Concello, situado no edificio administrativo municipal da rúa Alcalde Xacobe Barral Otero.