Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Ampliado o prazo de inscrición na bolsa de emprego do Concello ata o vindeiro 15 de setembro

Fecha: 2016-09-02

O Concello lembra que esta será a única vía para acceder a postos laborais no Concello e para traballar na Festa do Marisco deste ano.

 

O Concello do Grove ampliou o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse nas dúas bolsas de traballo habilitadas. Trátase da bolsa xeral de emprego do Concello, onde se recollen multitude de categorías e postos, e a bolsa específica para a Festa do Marisco. O Concello ampliou o prazo tentando facilitar que as persoas que ata agora estiveron ocupadas en postos vencellados á temporada de verán poidan realizar os trámites de inscrición unha vez finalizado ese traballo.

 

O Concello tamén incide na importancia de inscribirse nestas bolsa para aquelas persoas interesadas en traballar durante a vindeira Festa do Marisco, xa que se trata da única vía de contratación que se poderá empregar para esta. Deste xeito, tanto persoal de cociña, como de turismo e atención ao público (caixeiros e caixeiras), de limpeza e mantemento deberán formar parte desta lista para optar aos correspondentes postos.

 

As persoas interesadas en inscribirse nas bolsas de emprego contan con toda a información na web municipal e tamén poden recoller os correspondentes impresos nas oficinas do edificio administrativo municipal (rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3).