Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convida os restaurantes da localidade a participaren nas Xornadas da Centola

Fecha: 2016-09-22

Comeza a promoción das xornadas de 2016, que se celebrarán entre o 1 e o 11 de decembro.

 

O Concello do Grove acaba de poñer en marcha as Xornadas da Centola deste ano. Ademais de presentar o cartel da xornadas, facendo a súa distribución durante a Festa do Marisco e tentando darlle a maior difusión posible, esta mesma semana xa se puxeron en marcha os convites para que os restaurantes interesados en participar poidan apuntarse ao evento.

 

Os locais participantes, que formarán parte da guía das xornadas, deben comunicar o seu interese a Alcaldía do Concello do Grove. A participación implica o pagamento dunha cota de 25 euros e a colocación dos correspondentes distintivos das xornadas. De xeito paralelo, o Concello organizará unha programación de actividades para cubrir os días da Festa.