Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Charla informativa sobre a ESO para adultos

Fecha: 2016-10-03

 

 

A Concellería de Educación do Concello do Grove convoca a  todas aquelas persoas interesadas na obtención do graduado en ESO a través da Educación para Adultos (EPA) a unha reunión no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey o vindeiro mércores 5 de outubro ás 10.00 horas.

 

As persoas que acudan teñen que ter 18 anos ou, no caso de teren unha idade inferior, acreditar un contrato de traballo para poder inscribirse na actividade.

 

Na reunión informarase os participantes das modalidades ás que se poden anotar en función da situación académica de cada un, e recolleranse estes e outros datos para coñecer con exactitude o número de persoas interesadas de cara á organización dos distintos grupos e horarios.