O DOG publica hoxe a aprobación do Plan Especial de Infraestruturas para o Centro de Día
Fecha: 2016-10-05
Trátase dun paso máis para poder poñer en marcha a construción desta dotación.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación do Plan Especial de Infraestruturas (PEI) para equipamentos públicos que habilita os terreos das Touzas para a construción dun centro de día. É un novo paso de cara a construción deste equipamento que o equipo de goberno considera prioritario e urxente e que podería ser factible en pouco tempo xa que se conta cos fondos para este (600.000 euros) quedando tan só pendentes uns trámites administrativos moi concretos.
A publicación no DOG abre un período de seis meses para a presentación de alegacións ao PEI. De xeito simultáneo remitirase á Secretaria Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia polo que ambos trámites permitirían a súa aprobación definitiva e a súa posible execución. Cóntase ademais co compromiso da Secretaría de Servizos Sociais da Xunta a quen xa se lle expuxo o proxecto en meses anteriores.