O luns preséntanse as Xornadas da Centola 2016
Fecha: 2016-12-02
A actividade centrarase este ano na promoción da Centola do Grove en colaboración coa Confraría de San Martiño do Grove.
Logo de que só catro locais se inscribiran na celebración das Xornadas da Centola do ano 2016 e tal e como anunciou hai xa unha semanas o Concello, a actividade deste ano centrarase na promoción do produto local. Deste xeito, nas pasadas semanas traballouse na elaboración de pezas promocionais que centren o foco na calidade e especificidade da centola do Grove.
A campaña comezará o vindeiro luns, e para iso organizouse un acto de presentación da XIV Xornadas da Centola do Grove. Este terá lugar nas Sala das Cunchas do Concello a partir das 18.00 horas e permitirá realizar o recoñecemento aos mariñeiros xubilados que tradicionalmente se realiza nesta datas. Nesta ocasión o recoñecemento realizarase a tres irmáns: Francisco, Jacobo e Antonio Naveiro Montenegro, armadores dos barcos “Gran Solero”. Todos recibirán unha Centola de Prata polo seu traballo a prol da pesca e o marisqueo do Grove nun acto ao que se agarda que asistan membros da familia mariñeira do Grove.
Este acto servirá ademais para presentar a campaña promocional, que estará composta por material audiovisual e impreso coa finalidade de que se coñeza a Centola do Grove como unha marca e un produto de calidade específica. Ademais diso, as Xornadas da Centola manteñen o Concurso de Centola Viva, que se celebrará o vindeiro venres, 9 de decembro, ás 17.00 horas na lonxa do Grove. Un evento verdadeiramente espectacular onde os mariñeiros do Grove achegan as pezas de maior tamaño.
Deste xeito, ás XIV Xornadas da Centola do Grove téñense convertido nun punto de inflexión para a busca dun deseño adecuado para este evento que de cara á súa XV edición o vindeiro ano será transformado para garantir un bo funcionamento e, sobre todo, para a busca do recoñecemento que a Centola do Grove merece.