Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O lucense Lionel Rexes, gañador da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

Fecha: 2017-02-13

O xurado, reunido na mañá do sábado, decidiu premiar a novela A raíña das velutinas.

 

Segundo se recolle na acta, os membros do xurado premiaron co Manuel Lueiro Rey de Novela Curta o escritor Lionel Rexes Martínez, de Alfoz (Lugo), quen presentou unha novela titulada A raíña das velutinas, historia ambientada en Mondoñedo e que foi valorada polo xurado por un brillante labor de documentación e grande amenidade das historias que entrecruza na trama principal.

 

Lionel Rexes Martínez (París, 1971) é diplomado en maxisterio pola Universidad Autónoma de Madrid. Autor do estudo paremiolóxico Ditos e refráns do Valadouro, publicado polo Seminario de Estudios do Valadouro en 2013. Tamén e impulsor da bitácora literaria “Vasoiras da Xibarda” e membro da organización dos encontros de escritores Ponte Literaria en 2015 e 2016. Ademais do anterior conta con numerosos premios como o Lonxa Literaria en 2011, o de Minicontos de Outono de 2011, ou o segundo premio do Certame Literario de Ames, entre outros.