O Concello do Grove pon en marcha a construción das pistas de pádel do Monte da Vila
Fecha: 2017-02-13
A Xunta de Goberno Local de hoxe realizou a adxudicación final destas novas instalacións.
A reunión da Xunta de Goberno Local que tivo lugar hoxe aprobou a adxudicación das cubertas das tres pistas de pádel que se situarán no Monte da Vila. Deste xeito nas vindeiras semanas comezarán as obras desta nova instalación que suporá un novo elemento para a práctica deportiva no Grove. O complexo comprende tres pistas de pádel cubertas que se situarán ao lado do novo pavillón e que permitirán contar cun espazo público de práctica desta disciplina.
O Concello xa está traballando para que cando estas se atopen dispoñibles (prazo estimado de catro meses) se conte co servizo adecuado para poder usar este espazo nun horario amplo. O presuposto de construción destas tres pistas cubertas situouse en 200.000 euros e o acceso a elas realizarase mediante o pago dunha taxa pública reducida.