Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Obradoiro de Adestramento Canino do Monte das Flores achégase á Terapia Asistida con Animais

Fecha: 2017-03-10

Este venres, 10 de marzo, terá lugar unha práctica formativa con esta temática.

 

O alumnado do Obradoiro de Adestramento Canino que nos últimos meses se desenvolve nas instalacións municipais do Monte das Flores achegarase durante o día de hoxe á terapia asistida con animais. Na sesión traballarase con dous cans e os participantes no obradoiro practicarán como abrir as portas, achegarse ás persoas con discapacidade funcional ou como traballar cos distintos problemas que poden presentarse no relativo á mobilidade das persoas.

 

Esta sesión ten lugar logo de que o alumnado recibise a correspondente formación teórica e esta será impartida por Lucia Lombardía, especialista en terapia ocupacional e en actividades de mellora das condicións das persoas con diversidade funcional.

 

Lembramos que, ao mesmo tempo, xa son 23 as persoas que anotaron as súas mascotas nas clases para adestramento canino que se ofrecen no obradoiro.