Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove oferta novos cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga

Fecha: 2017-03-10

 

 

As clases comezarán o luns 20 de marzo.

 

A matrícula xa está aberta para inscribirse nos cursos de galego gratuítos dirixidos a persoas adultas (a partir de 16 anos) co fin de preparar o alumnado para as probas do Celga.  O Servizo de Normalización Lingüística do Concello é o encargado de poñer en marcha estes cursos dun total de 70 horas lectivas, deseñados desde unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que a eles poden acudir tanto persoas galegas como estranxeiras.

 

O fin primordial desta actividade é realizar unha formación que permita obter os Cerficados de lingua galega (Celga), inda que tamén son válidos para adquirir, aumentar ou mellorar os coñecementos sobre o idioma propio de Galicia.

 

O prazo de inscrición nestes cursos remata o vindeiro 17 de marzo e as clases comezarán o luns 20 deste mesmo mes, preferiblemente en horario de mañá, malia que non se descarta que haxa un grupo de tarde de existir demanda suficiente ao respecto. As prazas son limitadas a 20 persoas por grupo.

 

Información e inscricións no Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove,

Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (986 733 190)

normalizacionlinguistica@concellodogrove.com