Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove presenta o programa de Andainas

Fecha: 2017-03-13

 

O programa comeza o vindeiro 18 de marzo cunha ruta por Melgaço.

 

O alcalde do Grove, Jose Cacabelos e o concelleiro de Deportes, Santiago Meis, presentaron esta mañá na Sala das Cunchas o programa de andainas dos vindeiros meses. Neste caso trátase de tres propostas que visitarán Portugal e os Picos de Europa e ás que se suma unha Andaina Solidaria que percorrerá o Grove o vindeiro 9 de abril.

 

Durante a presentación o alcalde destacou a boa acollida que as Andainas tiveron no ano 2016, polo que se agarda que teñan unha gran demanda tamén nesta ocasión. Debemos destacar que estas primeiras catro rutas, que se desenvolverán nos meses de marzo, abril e maio, serán continuadas por outras propostas de rutas pola península a partir de xullo. Deste xeito repetirase a andaina nocturna polo Grove que o ano pasado xuntou 230 persoas en xullo e en agosto está prevista a volta ao Concello. Xa en setembro se está organizando unha visita a Ons ou ás illas Cíes e estanse buscando novas opcións para o mes de outubro.

 

Andainas

 

O 18 de marzo a primeira das rutas dirixirase a Melgaço, en Portugal, cunha andaina duns oito quilómetros que pasará próxima ao Miño. O 9 de abril, grazas á colaboración do Club Ría de Arousa, organizarase unha Andaina Solidaria polo Grove e o 13 e 14 de maio está prevista unha viaxe aos Picos de Europa para poder realizara a Ruta do Carés. Neste caso trátase da viaxe en autobús e o aloxamento. A última deste período será a Ruta do Rio Paiva, que se dirixirá de novo a Portugal o 10 de xuño.

 

As inscricións nestes Andainas poden realizarse a través da axencia de viaxes local Viabus Travel, quen facilitará información sobre prezos e prazos. No caso da Andaina Solidaria, a inscrición realízase directamente no Concello.