Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Obradoiro de Emprego proxecta unha espectacular reforma dos xardíns da Estatua do Mariscador

Fecha: 2017-03-17

 

 

As actuacións comezarán a vindeira semana e mellorarán notablemente este punto de interese turístico e histórico do Grove.

 

O alumnado do Obradoiro de Emprego que participa nos cursos de xardinería teñen elaborado, en colaboración do paisaxista Jose Souto, de Innova Paisaxes (gañador en varias ocasións dos premios de do Festival Internacional de Xardinería de Allariz), un espectacular proxecto de reforma dos xardíns que rodean a Estatua do Mariscado na praza do Corgo.

 

A intención deste proxecto é “crear un contorno en que a escultura e o xardín acaben sendo unha unidade, un conxunto harmonioso e con evolución”. Para ese fin tiveron en conta factores como a adecuada dotación de sistema de rego, así como a selección de especies que soporten adecuadamente os ventos da zona, así como a proximidade co mar. Ademais diso, a proposta preséntase de tal xeito que o tipo de especies teñan o seu maior momento de esplendor durante o verán, ao ser esta a época do ano en que esta zona recibe un maior número de visitas.

 

Proceso de construción

 

Para a posta en marcha deste proxecto comezarase coa preparación do terreo dotando a zona dunha lomba, ademais de engadir rochas que combinarán coas distintas plantas (segundo o deseño que se achega). Reciclarase o sistema de rego actual, pero corrixíndoo e automatizándoo dun xeito máis adecuado.

 

Unha vez realizada esta preparación, unha porcentaxe da rotonda será cuberta con céspede en tepe, e xa cara á zona máis próxima á escultura iranse engadindo variedades de plantas que poidan ser observadas desde distintos puntos de vista. A referida variedade de plantas estará composta por Yuca rostrata, Lantana repens, Grevillea juniperiana, Phornium cónica, Hydrangera paniculata e Diosma hirsuta sunset gold. Mediante a plantación de Begonia vermella conseguirase realizar a forma da centola, segundo a imaxe habitual da Festa do Marisco do Grove. O resultado final previsto pode observarse nas imaxes facilitades e caracterízase polo colorido e a espectacularidade, mellorando un espazo que levaba moitos anos sen atención e que fora axeitado o pasado ano coa limpeza da escultura.