Comezan as clases de preparación para os Celga
Fecha: 2017-03-21

A alta demanda destes cursos propicia a existencia de alumnos e alumnas doutros concellos.
Tal e como se informou nas pasadas semanas, o Concello do Grove puxo en marcha a matrícula para os cursos de preparación do Celga, tanto para o nivel 1 e 2 como para o 3 e 4. As clases impartiranse os luns e o xoves de 10.00 a 11.30 h para os niveis 1 e 2 e os martes e mércores de 19.00 a 20.30 h para os niveis 3 e 4. As clases son impartidas polo técnico de normalización lingüística do Concello do Grove e en ambos os dous casos prolongaranse ata a data de realización das probas que, malia que aínda non foron convocadas, prevense para as dúas última semanas de xuño.
As clases impartiranse na sala de informática da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e os grupos están compostos por alumnado de diversas idades. A alta demanda deste tipo de formación queda confirmada co feito de que se teñen recibido matrículas de persoas procedentes doutros concellos da provincia.