Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove colabora no Plan de Emerxencias do instituto do Monte da Vila

Fecha: 2017-03-22

Impartirase formación en atención de emerxencias e RCP aos profesores e profesoras do centro.

 

O IES Monte da Vila ten solicitado a colaboración do Concello para a actualización do Plan de Emerxencias do centro. Para este fin, o vindeiro xoves a partir das 17.00 horas impartiráselle formación ao profesorado. Dun xeito máis concreto, o responsable do servizo de Emerxencias do Grove formará os docentes en atención a emerxencias básicas e evacuación, mentres que o responsable da área de Sanidade e Emprego do Concello, Javier Caneda, será o encargado de formalos en RCP (reanimación cardiopulmonar).