Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove continúa coas actividades de fomento da lectura

Fecha: 2017-03-30

 

Este xoves 30 o obradoiro de lectura celebrarase na antiga “escola de don Claudio”.

 

Dentro das actividades programadas na Rede de Bibliotecas do Grove para traballar no fomento da lectura, este xoves 30, a partir das 10.00 h proponse unha iniciativa que pretende achegar os participantes no obradoiro de lectura para adultos ao escenario das obras nas que están traballando.

 

Deste xeito, tomarase como referencia a obra de Josefina Aldecoa Historia de una maestra, que narra as vivencias dunha mestra rural entre os anos 20 e a Guerra Civil, enmarcando a súa historia nunha época de cambios históricos e políticos, de pobreza, opresión e ignorancia. A charla literaria terá lugar en El Patio, local que, durante anos acolle a escola do mestre Claudio Iglesias Rodríguez, quen se dedicou á docencia na mesma época que a protagonista da obra, podendo establecerse certos paralelismos nas súas traxectoria.

 

Don Claudio

 

O mestre don Claudio, como era coñecido, chegou ao Grove no 1926, despois de máis de 12 anos exercendo como mestre en diversas vilas. Aquí ensinou e educou durante décadas moitas xeracións de alumnos e alumnas grovense, caracterizándose pola súa grande adicación e infatigable celo no seu traballo ata a súa xubilación no 1960.

 

A finalidade desta actividade é a de contextualizar a historia, creando un clima axeitado que convide ao intercambio de opinións e experiencias, que propicie o diálogo e, ao mesmo tempo, permita desenvolver a actividade nun ambiente distendido e lúdico, saíndo fóra dos muros da biblioteca e axudando a difundir o concepto da lectura entendida como fonte de lecer.