Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove únese á celebración dos Días Europeos da Artesanía

Fecha: 2017-03-30

 

O vindeiro sábado e domingo a praza do Corgo acollerá obradoiros dentro da programación nacional para este día.

 

O Grove formará parte este ano da programación dos Días Europeos de Artesanía. Durante tres organizaranse en distintos puntos de España actividades relacionadas co sector da artesanía. No referido á localidade meca será a artesá Montse Betanzos quen se encargue de ofrecer o sábado e o domingo un plan de actividades composto por obradoiros para a creación de pezas de bixutería con cunchas mariñas.

 

Os obradoiros comezarán ás 11.00 horas na praza do Corgo. En caso de mal tempo as actividades realizaranse na Sala das Cunchas. As persoas interesadas en participar poderán facelo ata as 19.00 horas. Deste xeito preténdese conseguir un dobre obxectivo, colocar O Grove nun marco de referencia no relativo á artesanía e dar a coñecer o tradicional oficio das colareiras como un elemento diferencial da nosa vila.