Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Fecha: 2017-04-03

No DOG de hoxe saíu publicada a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos. 

 

Persoas beneficiarias:

  • As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017(nacidos ou nacidas entre o 2/1/2014 e o 1/1/7, inclusive)
  • Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2015 e 31/12/2016
  • Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2015

 

Contía da axuda:

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

 

Documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
  • Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
  • No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do correspondente convenio regulador.
  • Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
  • Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

 

Prazo de presentación:

Desde o 4 de abril  ata o 29 de maio de 2017, ambos incluídos

 

Información e solicitudes:

Servizos Sociais Comunitarios do Concello do Grove Rúa do Matadoiro s/n (antigas dependencias da Policía Local)

Tlf: 986 733 334