Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca unha charla informativa para presentar o proxecto de humanización da rúa Castelao

Fecha: 2017-04-04

O vindeiro mércores 5 de abril, ás 21.00 h, terá lugar na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove unha charla informativa para presentarlles o proxecto de humanización da rúa Castelao aos veciños e veciñas desta vía e, especialmente aos comerciantes que traballan nela. O alcalde do Grove será o encargado de facilitarlles aos asistentes todos os detalles da proposta.

 

Aínda que as obras non comezarán ata dentro duns meses, o Concello do Grove considera necesario que a veciñanza conte con información pormenorizada sobre a proposta que se pon sobre a mesa e poida opinar sobre ela. O proxecto busca dinamizar e fomentar a economía local, así como aumentar a confort e benestar de veciños e veciñas.