Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca dezasete postos de traballo

Fecha: 2017-04-06

 

 

Trátase das prazas de persoal laboral temporal creadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

O pasado día 3 de marzo do 2017 a Deputación Provincial de Pontevedra resolveu en Xunta de Goberno unha subvención para contratación ao abeiro do Plan Concellos 2017 e correspondente a Liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

O Concello do Grove contratará inicialmente dezasete persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego, en xornada completa e cunha duración de 6 meses. A data de inicio do contrato será 1 de maio de 2017 e a finalización o 30 de outubro deste mesmo ano.

 

 As persoas interesadas en participar no proceso de selección deben estar inscritas como demandantes de emprego na ocupación de Peón de Obras Públicas e estar en posesión do carné de conducir B. O prazo de inscricións remata o 12 de abril do 2017.