O Concello do Grove convoca unha praza de auxiliar de turismo
Fecha: 2017-04-06
A contratación laboral temporal dun auxiliar de turismo realizarase a través dun concurso-oposición.
O Boletín Oficial da Provincia publica o pasado 4 de abril a convocatoria e bases de selección que rexerán o procedemento selectivo para a contratación dun auxiliar de turismo para o Concello do Grove a través de concurso-oposición.
O prazo de presentación de instancias remata o 20 de abril do 2017, 10 días hábiles despois da publicación da convocatoria no BOP. As bases poderán ser consultadas na páxina web da Deputación e no Taboleiro de Anuncios do Concello do Grove.