O Concello do Grove adquire unha motocicleta para a Policía Local
Fecha: 2017-04-11
O alcalde do Grove, Jose Cacabelos, e o xefe da Policía Local, Manuel Gonzalo, presentaron a nova adquisición para este servizo, un vehículo motorizado a dúas rodas.
Actualmente as forzas de seguridade do Concello non contaban con ningún vehículo destas características, o que agora volve dotar o corpo policial dunha ferramenta que lle permite unha maior mobilidade e rapidez nas súas actuacións.
Esta adquisición da Policía realizouse cos fondos municipais con motivo de mellorar os labores de seguridade e de reforzo na temporada estival, onde un vehículo como este permite unha maior eficacia nos desprazamentos. A motocicleta e unha Aprilia SR300, coa rotulación oficial da Policía Local, luces led de baixo consumo e ABS.