Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove axeita as súas praias para a Semana Santa

Fecha: 2017-04-12

Durante a  limpeza dos areais o lixo clasificase para a súa reciclaxe contribuíndo á dinámica que ten posto en marcha o Concello.

 

O pasado luns 3 de abril comezou nos areais do Concello do Grove o plan de recollida de lixo. Este plan iniciouse nesta data co persoal municipal e a maquinaria de limpeza de praias, eliminando os restos máis grandes, que se denominan restos flotantes. Estes son os grandes restos de lixo que traen as fortes mareas e tormentas aos areais do municipio e que adoitan ser botellas, recipientes, ramas e algas.

 

O servizo de limpeza de praias fai unha clasificación do lixo que recollen. Sepáranse os plásticos, as algas, as madeiras e demais materias orgánicos ou lixo xenérico e re-dirixixe estes materiais aos seus respectivos espazos de recollida e tratamento.

 

Nestas datas o persoal de limpeza do Concello aumenta considerablemente para lles dar demanda ás necesidades das praias da vila. Nestes momentos son sete os traballadores que están a realizar estas tarefas, acompañados por un tractor e unha máquina de limpeza de areais.

 

As praias contan con caldeiros de lixo nos que se fai a recollida diaria, exceptuando a praia da Lanzada, por ser un enclave protexido pola Rede Natura 2000, por iso se lle pide aos usuarios deste areal que depositen os seus ciscallos nos colectores do lixo que se atopan nos accesos ao areal.

 

Outro dos servizos cos que contan os areais do Grove xa está a funcionar,  os lavapés.