O aumento de poboación durante a Semana santa obriga o municipio a reorganizar os seus servizos de limpeza. Os días 13 e 14 de abril o servizo de recollida de residuos do Concello do Grove porá en ma
Fecha: 2017-04-13
O aumento de poboación durante a Semana santa obriga o municipio a reorganizar os seus servizos de limpeza.
Os días 13 e 14 de abril o servizo de recollida de residuos do Concello do Grove porá en marcha un operativo de reforzo nas rutas habituais de recollida para lle facer fronte ao aumento do lixo que se rexistra nestas datas con motivo do incremento de visitantes no municipio.
Dun xeito máis concreto, farase un servizo especial de limpeza dos colectores de lixo desde o 18 ao 22 de abril, antes e despois da Semana Santa; antes, para eliminar calquera resto de refugallo e deixar todo en boas condicións, e despois, para dar conta do exceso de residuos que se producen nestas datas e que superan as medias habituais do municipio.
O Concello tamén informa os usuarios de que o venres 14 de abril, a pesar de ser festivo, se fará a recollida dos colectores de plástico (colectores amarelos) e de que o xoves 13 non se fará a recollida de cartón.
Solicítase dos veciños e veciñas, así coma dos visitantes, respectaren os horarios para depositar o lixo nos colectores: de 20.00 h a 23.00 h (exceptuando as fins de semana), agás no verán (xuño a setembro), que é de 21.00 h a 23.00 h, para evitarmos cheiros molestos e refugallos innecesarios.