Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello abre o prazo de inscrición para Body Jump

Fecha: 2017-04-20

As clases inpartiranse os martes e xoves no pavillón de deportes do Monte da Vila.

 

A partir do vindeiro luns, 24 de abril, quedará aberto o prazo de inscrición para unha nova actividade ofrecida polo Concello do Grove. Trátase de Body Jump, unha actividade de grande consumo calórico que aqueles interesados en participar poderán realizar os martes e xoves en horario de 21.30 a 22.30 horas.

 

Para participar nesta actividade deportiva aeróbica é necesario ser maior de idade e realizar a correspondente inscrición. O Body Jump consiste nun exercicio de coordinación de intensidade media-alta que se realiza saltando sobre una cama elástica o ritmo da musica, dirixidos por un adestrador.  Os beneficios desta actividade son múltiples, comezando pola mellora do equilibrio, a postura, a coordinación, o alto consumo de calórico e axudando, ademais, na prevención da osteoporose.

 

O número de  prazas dispoñibles é de 21 persoas por sesión e o proceso de admisión realizarase cubrindo o impreso que se pode recoller no edificio administrativo do Concello do Grove. A orde de inscrición será a seguida no Rexistro municipal.  A tarifa para unha sesión por semana é de 10 € por mes, e para dúas sesións por semana, de 15 € mensuais.