Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre a convocatoria para o XXIV Premio Manuel Lueiro Rey

Fecha: 2017-04-28

O premio de novela curta Manuel Lueiro Rey esta dotado con 3.000 €. 

 

O prazo de inscrición para o XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta queda aberto ata o día 15 de setembro de 2017.

 

Poderá concorrer o premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega, conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados serán inéditos e orixinais e han de ter unha extensión mínima de 50 paxinas e máxima de 100 paxinas.

 

O xurado estará conformado por cinco membros. Un deles será o gañador ou gañadora da edición anterior, tres serán nomeados polo Concello do Grove e o resto participara en representación da Editorial Xerais, que se encargara da edición dos exemplares.

 

 O Concello do Grove anima a participación no certame, un certame que ten a finalidade de honrar a memoria do escritor Manuel Lueiro Rey e á vez axudar na promoción da escritura en lingua galega, así como na divulgación das súas autoras e autores.

 

Para ampliar información poderase consultar as bases do certame na web do Concello do Grove, onde atoparan todas as características técnicas así como os requisitos necesarios e os procesos de admisión das obras.