O Concello do Grove arranxa as porterías das pistas de Terra de Porto
Fecha: 2017-04-28
Estes elementos atopábanse deteriorados e foi necesario retiralos para a súa adecuada mellora.
O Concello do Grove procedeu ao arranxo das porterías das pistas de Terra de Porto. A pasada semana foron os propios usuarios deste espazo os que informaron da rotura da estrutura das porterías nesta instalación.
As porterías encontrábanse nun estado de deterioración moi avanzado, xa que desde a súa instalación hai seis anos non tiveran ningunha posta a punto. As tarefas que se levaron acabo foran as de soldadura e pintura para devolvelas oo seu estado inicial, incrementando nestes labores un reforzo na estrutura destas estruturas.
Lembramos que as pistas de Terra de Porto son un dos centros deportivos do municipio con maior afluencia, facilitando a realización de actividades físicas a toda a veciñanza, polo que o seu coidado e mantemento resulta fundamental.