Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove colabora coa II Master Class de Zumba Solidaria

Fecha: 2017-05-05

 

 

Unha actividade solidaria que recadará fondos para Organización Galega polo Desenvolvemento “Da Man”

 

O vindeiro sábado 6 de maio, ás 17.00 h, no Pavillón Monte da Vila, celebrarase a “II Master Class Solidaria” organizada pola Escola Malambo Fit que contará coa colaboración do Concello do Grove.

 

A organización contará con ata 11 profesionais que ensinarán as novas técnicas aos veciños e veciñas que se acheguen a participar nesta actividade física, todos eles co certificado Zumba Instructor Network entre os que se encontra o Zumba Jammer David Ávila.

 

Os donativos recadados iran destinados á “Organización Galega polo Desenvolvemento Da Man”. A entrada para participar ten un custe de 4 € en venda anticipada, podendo comprarse localidades a 2’50 € para asistir nas bancadas. O mesmo día do evento o custo pasará a 5 €. Esta actividade esta indicada para todas as idades e niveis físicos, xa que as clases terán diferentes intensidades e exercicios.