O Concello do Grove convoca o premio de pintura Ernesto Goday
Fecha: 2017-05-08
O premio está dotado con 3.000 € e pretende renderlle homenaxe ao “pintor das dornas”.
Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no concurso de pintura Ernesto Goday, que este ano chega á súa cuarta edición. O premio está convocado polo Concello do Grove en memoria do pintor local Ernesto Goday Caamaño, quen se caracterizou por darlle un protagonismo absoluto ao Grove e aos seus habitantes en toda a súa obra pictórica.
A participación neste concurso está aberta a calquera persoa maior de idade, sen restrición por nacionalidade, que presente unha obra súa, orixinal e inédita. A técnica é libre, sempre na modalidade de pintura figurativa. Nesta quinta edición o tema volve a abarcar todo o relacionado coa paisaxe natural e urbana do Grove e ás súas xentes. Os interesados poderán consultar ás bases na paxina oficial do Concello do Grove.
Para a presentación é preciso entregar unha fotografía da obra. No mes de novembro decidirase a obra gañadora e comunicarase aos participantes, así como se dará a coñecer a data da entrega do premio. Unha selección das obras participantes serán expostas ao público antes do ditame final do xurado. Lembramos que o premio se modificou na pasada edición acadando os 3.000 euros para a mellor obra participante, pasando esta a formar parte do patrimonio municipal, tal e como fixeron as pezas gañadoras nas anteriores edicións.