Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove lembra que esta aberto o prazo de participación no Concurso de Carteis para a Festa do Marisco

Fecha: 2017-05-10

O prazo de presentación remata o vindeiro 4 de setembro, e o premio está dotado con 350 euros.

 

O Concello do Grove lembra que esta aberto o prazo de presentación de orixinais para participar no Concurso de Carteis da Festa do Marisco de 2018.

 

Segundo se establece nas bases, o cartel terá unhas medidas de 30 x 45 cm en vertical ou horizontal. O bosquexo debe incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca), as datas en que terá lugar o evento (4 ao 14 de outubro de 2018) e o nome de “Festa do Marisco. O Grove 2018”, así como a edición (LV).

 

O Concello do Grove anima á participación nun concurso que premia a orixinalidade e a creatividade e que xa se converteu nun elemento tradicional da promoción turística do Grove.