Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove axeita os pasos de peóns

Fecha: 2017-05-23

A revisión da sinalética de tráfico é un labor que se realiza todos os anos para garantir  seguridade viaria na tempada con máis tránsito.

 

O Concello do Grove, como vén sendo habitual todos os anos nestas datas, realiza o labor de pintado e marcado dos pasos de peóns do municipio, ao igual que a revisión dos sinais. A realización desta tarefa concéntrase na época de mellor climatoloxía, feito que facilita o traballo. De igual xeito tamén se acomete unha revisión dos sinais de tráfico que resulta máis importante se cabe co notable aumento de poboación que o municipio ten na tempada estival. 

 

Polo momento xa están pintados os pasos de peóns de Beiramar e o Paseo de Confín, labor que foi efectuada a semana pasada. No caso daquelas vías de sentido único ou sen alternativa de circulación, atendendo as recomendacións da Policía Local, os traballos de pintado serán levados ao cabo pola noite para evitar problemas de tráfico.