O Concello do Grove imparte un curso de primeiros auxilios na infancia
Fecha: 2017-05-24
Os pais da Escola Infantil de Rons amosaron o seu interese cunha grande asistencia á clase maxistral de primeiros auxilios á infancia, achegándose máis da metade dos pais e nais.
O pasado luns 22 de maio 2017 a Escola Infantil Galiña Azul de Rons acolleu unha sesión formativa sobre “Primeiros Auxilios na Infancia” dirixida aos pais e nais dos nenos deste centro. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do Plan Municipal de Atención á Morte Súbita.
Na formación impartíronse técnicas de reanimación cardíaca, convulsións, atragoamentos, queimaduras, traumatismos e mesmo a febre. O curso foi impartido polo concelleiro de Sanidade e Emprego, Javier Caneda. A clase tivo unha grande afluencia entre os pais e nais, xa que asistiron máis da metade das familias.
Dentro deste mesmo Plan, a próxima semana, impartirase a segunda formación do curso 2016-2017 que recibirán todos os alumnos e alumnas entre os 10 e os 16 anos do IES Monte da Vila. Neste caso explicaránselles técnicas de reanimación cardiopulmonar e urxencias básicas.