Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove remata a construción da cancha deportiva do Porto de Meloxo

Fecha: 2017-05-24

O alcalde, Jose Cacabelos, e o concelleiro de Deportes, Santiago Meis, xunto con outros compañeiros do Grupo de Goberno, visitaron as obras da cancha deportiva de baloncesto que se está a construír no Porto de Meloxo. Nestes días a tarefas de pintado do chan permiten que este espazo quede rematado. Deste xeito estase a pintar en gris o chan e en amarelo a liña de tres puntos. Unha vez que se dean as dúas capas de pintura para unha correcta imprimación do material, instalarase a canastra e do enreixado delimitador do terreo de xogo.

 

Este novo espazo de lecer créase dentro do eixe que está a seguir o Goberno local de lle facilitar a toda a veciñanza o acceso ao deporte de balde e ao aire libre. Ao mesmo tempo trátase dunha actuación que se vincula coa recuperación dos barrios e que, neste caso, se concentrou en atender as demandas veciñais da zona do Porto dr Meloxo, onde levaban moitos anos sen recibir ningún investimento na mellora da súa contorna.