Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove colabora no Plan de Emerxencias do IES Monte da Vila

Fecha: 2017-05-26

 

 

Na mañá de onte tivo lugar o primeiro dos simulacros de evacuación que foi coordinado polos Servizos de Emerxencias do Grove.

 

O IES do Monte da Vila do Grove terá a partir deste curso académico un Plan de Emerxencias. Trátase dunha necesidade pendente desde hai anos que puido ser acometida grazas á colaboración dos Servizos de Emerxencias do Concello do Grove. Isto supón un aforro notable para o centro que permitirá concentrar os recursos nas melloras que precisamente o Plan de Emerxencias considera necesarias para a seguridade do edificio e a súa contorna.

 

Durante a mañá de onte, a partir das 10.00 horas, realizouse o primeiro dos simulacros para comprobar o bo desenvolvemento do Plan. Os efectivos de Emerxencias do Grove tamén foron os encargados de coordinar esta acción que avalían como satisfactoria. Nas vindeiras datas continuarase coa implementación do plan, polo que se realizarán máis actividades de información e de preparación.

 

O Concello do Grove conta co Plan de Emerxencias nos seus centros, pero neste caso trátase dunha colaboración cun inmoble de titularidade autonómica. Desde os Servizos de Emerxencias constátase a satisfacción polo feito de que, tras moitos anos, un centro tan importante conte con este plan que garante unha maior seguridade para o persoal e o alumnado que acode a el.