O Concello do Grove pon en marcha o proceso selectivo do coordinador técnico de socorristas para praias
Fecha: 2017-05-31
As probas iniciáronse esta semana e buscan poñer en marcha o dispositivo de vixilancia de praias.
No proceso de preparación da temporada de baño, o Concello do Grove Tal e como se vén sinalando, o proceso de contratación de socorristas está resultando especialmente complexo en todos os municipios de Galicia. O pasado ano o Goberno do Grove ampliou o período de contratación así como o salario destes profesionais tentando garantir a total cobertura dos postos necesarios. O coordinador ou a coordinadora técnico de socorristas será quen se encargue de dirixir o equipo que traballará este verán nas praias. O seguinte paso será a contratación dos socorristas mediante o procedemento habitual que xa foi publicado.