Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove declárase municipio libre de eucaliptos

Fecha: 2017-05-31

Galicia alberga mais da metade dos exemplares desta especie invasora.

 

O Pleno do Concello do Grove aprobou onte a declaración do Concello como municipio libre de eucaliptos.

 

Os membros do Pleno, querendo manter o municipio libre de eucaliptos, acordaron unhas accións a medio e longo prazo, a través dunha serie de propostas levadas ao Pleno polo Grupo de Goberno municipal cos votos positivos de todos os grupos e a abstención do Partido Popular.

 

Entre ás medidas aprobadas atópanse propostas que ratifican e impulsan a eliminación do eucalipto nas zonas protexidas da Rede Natura de Galicia ou dos que se encontran ventureiros polo municipio. Tamén se contemplan medidas que buscan involucrar a industria madeireira, como a creación dunha fiscalizade “verde” para o eucalipto, xa que queda confirmada a incidencia desta especie na maior frecuencia e intensidade dos lumes ou na contaminación da terra. Estas árbores son ademais unha das causas do empobrecemento da biodiversidade e do avance da erosión, o que provoca perdas económicas directas.

 

A moción tamén contempla a solicitude á Xunta dunha moratoria dos novos plantíos de eucaliptos é de que se redacte un novo Plano Forestal que ordene os aproveitamentos do monte con criterios de sustentabilidade. Ademais solicítaselle ao ente autonómico que leve a cabo o cumprimento estrito da lexislación para a forestación de terras agrarias e os plantíos sobre hábitats de interese aplicando as correspondentes sancións aos infractores.

 

Esta declaración converte ao Concello do Grove, unha vez máis, nun municipio de referencia na protección  e conservación medioambiental, aplicando medidas pioneiras e innovadoras para o mantemento da riqueza da vila.