Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Grande acollida da presentación do Campus de Verán da Fundación Celta de Vigo no Concello do Grove

Fecha: 2017-05-31

As pistas de Terra de Porto ateigadas de rapaces e rapazas dispostos a gozar do fútbol.

 

Máis dun cento de rapaces e rapazas de todas as idades participaron na tarde de onte na actividade de presentación do Campus de Verán da Fundación Celta. O alcalde do Grove, Jose Cacabelos, o concelleiro de Deportes, Santiago Meis e o director da Fundación Celta, Germán Arteta, foron os encargados de presentar a actividade, que se desenvolveu nas pistas deportivas de Terra de Porto.

 

No evento participaron adestradores do Real Club Celta de Vigo que achegaron aos máis cativos á disciplina de adestramento do club. É sublíñalle a diversidade de idades das e dos participantes, o que permitiu contar con grupos numerosos dos diferentes tramos. Esta actividade serve como presentación do Campus de Verán da Fundación Celta, que terá lugar no Grove do 10 ao 14 de xullo deste ano. Este Campus, xunto cos deseñados especificamente polo Concello, converten ao Grove nun dos municipios con maior oferta deportiva da provincia, seguindo a liña de traballo que busca a práctica do deporte en todas as idades como elemento fundamental do desenvolvemento da vila.