O Grove volve a converterse en ‘plató’ de cine
Fecha: 2017-06-01
San Vicente acolle estes días a rodaxe de “A Estación Violenta” de Anxos Fazáns.
As praias de San Vicente e a o local do Náutico serán os escenarios dos últimos días de rodaxe do filme A Estación Violenta. Trátase dunha película da produtora pontevedresa Matriuska que está baseada na novela homónima de Manuel Jabois. O filme está dirixido por Anxos Fazáns, quen xa dirixida o pasado ano a curtametraxe Area, que contou con rodaxe tamén no Grove.
Nestes días de rodaxe (hoxe xoves e mañá venres) estarán presentes os actores protagonistas da película, Nerea Barros, Xosé Barato e Alberto Rolán, que desenvolverán as escenas na praia da Barrosa, a praia do Inglés e Con Negro e no parque infantil da Urbanización Pedras Negras, ademais de nalgúns interiores da zona de San Vicente do Mar.
O Concello do Grove colabora con este tipo de iniciativas facilitando os trámites necesarios e contando co apoio dos servizos de seguridade. Deste xeito xa son moi numerosos os proxectos que nos vindeiros meses se desenvolverán no “plató” natural do Grove.