O Concello do Grove acolle unha charla sobre ‘O risco das novas tecnoloxías e o acoso escolar’
Fecha: 2017-06-01
A actividade realízase en colaboración coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Mañá, venres, ás 20.00 horas a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá unha charla sobre o risco das novas tecnoloxías e o acoso escolar. Trátase dunha actividade dirixida aos pais e nais e titores e titoras do alumnado de primaria e secundaria que busca darlles pautas aos asistentes para prever estes dous problemas que se están convertendo en habituais nos últimos anos.
A charla será impartida polo pesoal da Garda Civil da Comandancia de Pontevedra, concretamente, Josefa Vázquez Martínez e Joaquín David Santos Fariña, do posto do Grove, que abordarán o relativo ao acoso escolar, e José Manuel Lustres Palmeiro, do posto de Vilagarcía de Arousa, quen falará sobre o uso das Novas Tecnoloxías.
A charla é aberta e gratuíta e enmarcase dentro do programa de actividades Vémonos na Rúa que deseñou o Concello do Grove e que se desenvolverá durante o mes de xuño.