Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Remataron as clases de preparación para os Celga organizadas polo Concello do Grove

Fecha: 2017-06-01

A alta demanda destes cursos propiciou a asistencia de alumnado doutros concellos da contorna.

 

O Concello do Grove rematou esta semana as clases preparatorias para as probas dos Certificados de lingua galega (Celga) 2017, que terán lugar en Santiago de Compostela e en Ponferrada a segunda e a terceira fin de semana deste mes.

 

Esta acción formativa gratuíta, de catro horas semanais por cada un dos dous grupos, desenvolveuse en horario de mañá ou de tarde, segundo o nivel do alumnado. As clases  comezaron o pasado mes de marzo e foron impartidas polo técnico de normalización lingüística do Concello na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

Os grupos estiveron compostos por persoas adultas de diversas idades e procedencias. Este ano a alta demanda deste tipo de formación quedou confirmada pola asistencia de persoas procedentes doutros concellos da comarca e mesmo da provincia.