Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Consello Local de Igualdade do Grove amosa ao seu apoio ao caso de Juana Rivas

Fecha: 2017-07-31

As representantes deste colectivo acordaron manifestar publicamente o seu apoio a este caso e todos os similares que se están producindo no país.

 

O Consello Local de Igualdade consensuou amosar o seu apoio ao recente caso de Juana Rivas con respecto á custodia dos seus fillos. Deste xeito preténdese que este caso sirva como chamada de atención por moitas situacións similares que se están producindo en España. O CLI considera necesaria e urxente a revisión do caso, xa que contando o pai dos cativos cunha condena por maltrato non se pode consentir que poida facerse cargo dos menores. De feito, existen demasiados antecedentes dos problemas que poden xurdir nesta situación onde os pequenos se converten en obxecto de violencia e chantaxe cara ás mulleres.

 

Desde o Consello Local de Igualdade reitérase na necesidade de acometer políticas claras e contundentes fronte á violencia e maltrato cara ás mulleres en calquera das súas formas. O emprego dos fillos como elemento de agresión resulta, se cabe, unha das máis graves das conductas que a violencia machista e é necesario erradicala da sociedade. Neste punto quedase á espera da evolución do pacto de estado que se está xestando e como vai facer fronte a esta problemática no futuro.