Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre o prazo de inscrición no Plan Madruga deste curso

Fecha: 2017-08-31

 

As solicitudes deberán presentarse entre o 1 e o 9 de setembro no edificio administrativo.

 

Un ano máis o Concello do Grove pon en marcha o Plan Madruga de conciliación da vida familiar e laboral, polo cal aquelas familias que así o desexen poderán incorporar os cativos a partir das 7.30 horas ata o inicio das clases. Este programa desenvólvese no CEIP Valle-Inclán e para poder participar é necesario presentar a documentación correspondente no edificio administrativo do Concello entre o día 1 e o 9 de setembro. Lembramos que o prezo público desta actividade varía en función das condicións da unidade familiar (familia numerosa, separación, familias monoparentais etc.).

 

As nenas e os nenos que participan neste programa aproveitan as horas da mañá antes do comezo das clases para realizaren actividades lúdicas e de reforzo educativo, compatibilizando dun xeito máis adecuado os seus horarios cos do traballo dos proxenitores ou coidadores.

 

Formulario de solicitude de inscrición>