Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Festa do Marisco presentarase en Barcelona da man de Eurostars

Fecha: 2017-08-31

O vindeiro 15 de setembro terá lugar a presentación nacional da LIV edición da Festa do Marisco na Cidade Condal.

 

Dentro das actividades de promoción que o Concello do Grove realiza para dar a coñecer a Festa do Marisco e O Grove como destino turístico, desde hai xa varios anos tense realizado unha presentación en territorio nacional dirixida a público especializado. Nesta ocasión e grazas á colaboración da cadea Eurostars a presentación terá lugar o vindeiro 15 de setembro no Hotel Eurostars Gran Marina de Barcelona, onde ao redor de 100 xornalistas e personalidades participarán dunha presentación do produto do Grove, dando a coñecer a cita gastronómica máis importante de España.

 

Debe destacarse que se elaborou un menú baseado no produto local, que será trasladado para a ocasión desde O Grove e preparado en Barcelona polos chefs de Eurostars. Durante a presentación informarase aos asistentes da programación prevista para esta edición da Festa do Marisco ademais de facilitar o material promocional que presenta ao Grove como un destino de proximidade durante todo o ano. Para tal efecto elaboráronse materiais en catalán e preparáronse dossiers de prensa que pretenden conseguir unha adecuada repercusión do evento. 

 

Amegrove

 

Tamén é subliñable a total colaboración da Cooperativa Amegrove, quen contribuirá co seu produto de alta calidade, facendo así fincapé na especificidade do marisco do Grove, outro dos obxectivos das presentacións que realiza o Concello do Grove.