Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre o prazo de inscrición no servizo de piscina para maiores

Fecha: 2017-09-21

Os servizos prestaranse na instalación do Hotel Talaso Louxo La Toja.

 

Desde onte día, 20 de setembro, está aberto o período de inscrición no servizo de piscina para maiores. As persoas interesada en participar nesta actividade deberán presentar a solicitude no Edificio Administrativo, no horario habitual do Rexistro. Lembramos que o programa está dirixido a persoas maiores de 50 anos, que poderán elixir entre as quendas programadas os luns, mércores e venres de 9.15 a 10.15 horas. O custo deste servizo é de 22 euros por un día e 40 por dous.

 

A gran demanda existente por este servizo recomenda que as inscricións se realicen o antes posible, xa que as prazas son limitadas e outórganse por rigorosa orde de inscrición.