Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Festa do Marisco continua avanzando como espazo cardio-saudable

Fecha: 2017-10-11

 

 

Entre as actividades da Festa ofrecerase un obradoiro de reanimación cardio-pulmonar (RCP).

 

Seguindo as iniciativas postas en marcha en edicións anteriores da Festa do Marisco -como a venda de pulseiras salvavidas- e mantendo a denominación de espazo cardiosaudable obtida na LIII edición do evento, o Concello do Grove continua colaborando na concienciación sobre esta problemática e o xeito de abordala.

 

O Plan Nacional de RCP e a SEMICYUC (Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias) pon en marcha obradoiros nos que se achegan nocións sobre a reanimación cardio-pulmonar básica (coñecido como SVB ou soporte vital básico) proporcionando ademais unhas nocións sobre o que é un DESA e para que se emprega.

 

Nesta ocasión, e tendo en conta que o vindeiro 16 de outubro se conmemora o Día Europeo de Concienciación da Parada Cardíaca, a Festa do Marisco acollerá un Obradoiro de RCP básica dirixido a todas as idades. Trátase dunha actividades gratuíta que se celebrará o 12 de outubro ás 17.00 horas na Praza do Corgo e que será impartida por médicos e instrutores do Plan Nacional de RCP e contará coa axuda dos membros do Grupo Municipal de Emerxencias do Grove. O taller terá unha duración de dúas horas e nel ensinaráselles a todos os veciños e visitantes que queiran participar que é o que se debe facer se presenciamos unha parada cardíaca.