Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inaugura mañá a mostra de traballos preseleccionados no Concurso de Pintura Ernesto Goday

Fecha: 2017-11-13

O xurado seleccionou 14 obras das 40 presentadas que serán expostas na Sala das Cunchas e a Sala das Dornas do Concello.

 

O Concello do Grove acollerá mañá ás 19.00 horas a inauguración da mostra de traballos seleccionados dentro da V edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday. En total foron 40 as obras presentadas nesta edición logo de que o prazo rematada o pasado 30 de setembro e, igual que nas anteriores, o xurado realizou unha preselección coas que pasarán a ser expostas na Sala das Cunchas e Sala das Dornas.

 

Lembramos que, sobre esas obras seleccionadas, se elixirá un único gañador que recibirá un galardón de 3.000 euros pasando a obra a formar parte do patrimonio municipal. O Concello do Grove está ultimando ademais un convenio coa Asociación Española de Pintores y Escultores (da que Ernesto Goday formara parte), que pasará a colaborar na promoción deste importante concurso.

 

Na mostra tamén se presentará ás veciñanza do Grove a obra de Goday adquirida polo Concello do Grove para formar parte do patrimonio municipal. Trátase dun pequeno cadro do barrio de Peralto que se une a outras obras do artista xa en disposición Concello e que pretenden formar parte da colección municipal que sirva para protexer e divulgar o legado do artista máis recoñecido do Grove.