Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove saca a licitación postos vacantes do mercado municipal

Fecha: 2017-11-15

O prazo aberto hoxe mércores 15 e rematará en 15 días hábiles.

 

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases de licitación de postos vacantes no mercado municipal do Grove. En concreto trátase das bancadas  de peixe e marisco números 7 e 25, as bancada de verdura número 1, 5, 9, 10, 15 e ás bancadas 22 e 23 destinadas a varios produtos.  A concesión, que se realizaría por un prazo de 10 anos prorrogables ata 50, sae a sorteo partindo de 250 euros e, unha vez obtida esta, tería un custo mensual de ao redor de 28 euros.

 

Para a presentación de solicitudes deberán terse en contas bases publicadas no BOP e tamén dispoñibles no Perfil do contratante e no Taboleiro de anuncios da páxina web do Concello do Grove. A documentación deberá ser entregada no Rexistro do edificio administrativo do Concello.