Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a veciñanza de Castelao a unha reunión informativa sobre as obras das 2ª Fase desta rúa

Fecha: 2017-11-21

 

 

Os veciños e veciñas están convocados na Casa da Cultura mañá mércores ás 21.00 horas.

 

Tal e como se ten informado, o Concello do Grove acometerá obras de mellora do segundo tramo da rúa Castelao. Trátase dunha intervención urxente que pretende mellorar a deteriorada tubaxe desta estrada logo de ter realizado notables melloras na zona peonil desta mesma rúa. Deste xeito o Concello do Grove quere informar aos veciños e veciñas desta zona de primeira man sobre a proposta de traballo xa que as obras darán comezo o vindeiro luns, 27 de novembro.

 

O Concello, a empresa construtora e a Policía Local teñen deseñado un detallado plan de traballo para tentar que as molestias sexan as mínimas para os residentes neste tramo da rúa e a para os da vila en xeral. As obras consistirán no cambio da tubaxe, polo que se abrirá unha gabia de tan só medio metro pero será preciso o corte do tráfico rodado. Porén, lémbrase que estas obras non afectarán ao tránsito peonil, xa que as beirarrúas non serán modificadas.

 

Para reducir a incidencia destes cortes, está previsto acometer un primeiro tramo entre o 27 de novembro e o 2 de decembro, cando as obras se concentrarán na zona que vai dende o cruzamento con Luís Casais á subida ás Bouzas. A partir do 2 de decembro e a ata o 20 dese mesmo mes comezarase coas obras desde a subida ás Bouzas ata a ponte da Toxa. Modificaranse as direccións das rúas As Barqueiras, Irmáns Otero Goday e Lepanto para permitir o acceso de vehículos, que tamén serán desviados por Entrehortas, polo que os problemas se concentrarán nos autobuses e vehículos pesados. Para reducir ese problema tense feito especial fincapé en concentrar o traballo da zona das Bouzas durante a “ponte de decembro” xa que se reduciría a incidencia no transporte escolar.

 

O Concello agarda que os veciños e veciñas da Castelao acudan á reunión, que terá lugar na Casa da Cultura, para poder detallarlles o máximo posible o plan de traballo e poder resolver dúbidas que se poidan presentar ante estas importantes obras que, entre outras cousas, permitirán mellorar o sistema de saneamento do Grove e de distribución de auga, precisamente un dos que na actualidade causa graves problemas na vila.